Os profundos canóns que formaron os cursos do Miño, do Sil e do Cabe foron, desde o século IV, acollendo a numerosos eremitas, que, máis tarde, pasaron a organizarse en cenobios. A continua renovación da vida monástica e a creación de novos mosteiros 6 longo da Idade Media converteron a zona nunha Ribeira Sagrada, sen paralelo no occidente europeo, xa que tan só en Oriente, en Athos ou no Sinaí, se atopa unha concentración semellante de fundacións relixiosas. A importancia dos seus conxuntos arquitectónicos, situados en paraxes naturais de excepcional beleza, fan da Ribeira Sacra unha das xoias do patrimonio galego e europeo.
ARTE
Como centro da Reibeira Sacra, este municipio e a súa bisbarra están poboados de numerosos vestixios artísticos de tódalas épocas, con importantes asentamentos castrexos. San Esteban de Ribas de Miño, San Miguel de Eire, San Fiz de Cangas, Pombeiro, Pinol... supoñen o conxunto románico rural máis importante de Galicia. Os mosteiros de Ribas de Sil, Ferreira, Santa Cristina, San Vicente, A Nosa Señora da Antiga confirman a importancia cultural desta comarca.
ARTESANÍA
Neste aspecto ten especial importancia a cerámica de Gundivós, que ten por peza principal o xerro, vinculado ós famosos viños de Amandi. As fraguas da zona tiveron a súa actividade máis singular na elaboración do cobre, cos últimos fabricantes galegos de afamados alambiques e alquitaras que nutriron esta terra de augardenteiros.
EXCURSIÓNS
A ruta do románico é un obrigado percorrido polas numerosas igrexas da zona. Monforte de Lemos, a menos de dez minutos, é un conxunto de grande importancia histórico-cultural. O seu castelo, mosteiro e museos son unha visita inescusable. Os canóns do Sil, contemplados desde os seus espectaculares miradores, ou collendo un catamarán no embarcadoiro próximo. Sendeirismo pola vizosa Ribeira do Cabe ou esquí na estación de Manzaneda, situada a 60 km, son outras posibilidades.
VIÑO DE AMANDI
Na Ribeira Sacra, Amandi representa a esencia dunha terra única que confire á variedade mencía unhas calidades irrepetibles xa a aprecidas fai séculos polos romanos.
A orografía da zoa fai que os traballos nas viñas sexan especialmente duros, o que fai ainda máis valiosos estos caldos.
Nas ladeiras do Canon do Sil, as vides de Amandi reciben os coidados do sol. Despóis, tras unha coidadosa selección, procédese a elaboración deste viño único.
GASTRONOMÍA
Esta terra caracterizase pola autenticidade dos seus productos e a primorosa elaboración dos seus pratos. Polbo á feira, empanadas, vitela, lacón con grelos, polbo guisado, angulas, caldos como o afamado viño de Amandi, sobremesas como as filloas, doce de marmelo, cañas... deixarán un recordo inesquecible nos visitantes, a non ser que as queimadas e as augardentes desta tena ile secuestren a memoria.
FESTAS
Sábado e domingo de Ramos: Feira do viño de Amandi
12 e 28 de cada mes: Feira en Sober.
Fin de semana máis cercano o 13 de Xuño: S. Antonio en Anllo e Bolmente.
12 de Agosto: A Feira da Rosca en Sober.
Último fin de semana de Agosto: Romaría As Penas en Arxemil.
2º fin de semana de Setembro: Romaría da Virxen de Cadeiras, en Pinol.
3º fin de semana de Setembro: Festa do Carme, en Sober.
Último sábado de Setembro: Festa de San Miguel de Rosende.